jueves, 18 de marzo de 2010

Horarios para a ponte de San Xosé


O equipo infantil masculino será o único que teña actividade este fin de semana. O horario será o seguinte:

EB Concello de Zas-Obradoiro, o sábado 20 de marzo ás 11:15 en Elviña II

Saída de Baio ás 10:00 horas

Brigantium-EB Concello de Zas, o domingo 21 de marzo ás 12:30 en Elviña I

Saída de Baio ás 11:15

Resultados do fin de semana



Os dous equipos de base das escolas acadaron o triunfo na xornada disputada o sábado no pavillón municipal de Baio ante os equipos de Xuventude Dubresa. Os benxamíns, terceiros na liga gañaron por 33 a 10 e seguen demostrando día a día que poden enfrentarse contra calquera equipo.

Tamén venceron os alevíns, pese a estar só con catro xogadores.Neste caso gañaron por un axustado 41 a 39

jueves, 11 de marzo de 2010

O baloncesto volve ó pavillón de Baio


Despois de moitos meses a competición comarcal de baloncesto volve ó pvaillón municipal de Baio. Gracias ó equipo da Xuventude Dubresa e sobre todo o seu adestrador, Juan o que fora profesor de Educación Física no colexio baiés, os partidos do sábado xogaranse en Baio co seguinte horario:

BENXAMÍN: EB Concello de Zas-Xuventude Dubresa ás 11:00 no pavillón de Baio

ALEVÍN: EB Concello de Zas-Xuventude Dubresa ás 11:00 no pavillón de Baio

Os xogadores terán que estar no pavillón ás 10:30

martes, 9 de marzo de 2010

Resultados do fin de semana para os nosos equipos


CADETE FEMENINO

LARACHA SPORT PLANET–EB CONCELLO DE ZAS: 32 – 35
Parciais:(11 – 10; 10 – 11; 8 – 6; 3 – 8)

EB CONCELLO DE ZAS: Sandra, 9 ptos; Nerea, 0 ptos; María, 12 ptos; Elena, 0 ptos; Carlota, 3 ptos – quinteto inicial – Cristina, 0 ptos; Carla, 0 ptos; Nazaret, 8 ptos; Sabrina: 2 ptos; Andrea, 1 pto.

Ultima xornada desta liga onde xogaban os dous equipos que pechan a clasificación.
Partido igualado e bronco de principio a fin, con alternancias no marcador, diferencias que non superaban mais aló dos cinco puntos.
Laracha iniciaba o encontro cunha defensa individual presionante a todo o campo, que complicaba o xogo das rapazas de Zas. Mentres, o equipo de Zas facía cambios defensivos, de zona a individual e de novo a zona intentando incomodar os ataques de Laracha. Un primer cuarto que acabou cun apretado 11 – 10, deixando xa a sensación de que ía ser un partido disputado ata o último segundo como así foi. O segundo cuarto foi mais do mesmo, chegándose o descanso con empate no marcador (21 – 21). No terceiro cuarto as de Laracha parecía que querían romper o partido, para a continuación haber un certo descontrol no xogo de ambos equipos do cal saliu mais beneficiado o equipo de Zas, conseguindo recortar diferencias, para acabar este terceiro cuarto tan só dous puntos abaixo. Neste cuarto a defensa das rapazas de Zas non foi todo o boa que debera, pero a pesar delo seguían con opcións no partido, quedando todo pendente para o último cuarto. E un último cuarto onde a igualdade e alternancia no marcador era a constante: dous puntos arriba Laracha, a continuación era o equipo de Zas quen tiña esa vantaxe a favor. E así chegamos o último minuto onde as rapazas de Zas chegaron con cinco puntos de vantaxe. Laracha conseguiu encestar faltando cincoenta segundos e deixar a diferenza en tan só tres puntos. Moita tensión e nervos nestas últimas xogadas pola incerteza do resultado que non se moviu, sendo o equipo beneficiado destos nervos o equipo de Zas.
Final de partido ca segunda victoria do equipo de Zas nesta liga.

ALEVÍN
EBX Burguitos, 53-EB Concello de Zas, 36

BENXAMÍN

EBX, 34-EB Concello de Zas, 30

jueves, 4 de marzo de 2010

Horarios para este fin de semana


HORARIOS EB CONCELLO DE ZAS


Infantil-Liga provincial-Xornada 9

Non hai xornada pola folga

Alevín-Liga Comarcal-Xornada 8

EB Concello de Zas-Batidos Leyma EBX, o sábado día 6 de marzo ás 11:55 no IES Parga Pondal de Carballo

Saída do bus: 11:00
Chegada do bus: 13:40 horas

Benxamín-Liga Comarcal-Xornada 8

EB Concello de Zas-Batidos Leyma EBX, o sábado día 6 de marzo ás 11:55 no IES Parga Pondal de Carballo

Saída do bus: 11:00
Chegada do bus: 13:40 horas

Cadete femenino-Liga provincial-Xornada 13

Concello de A Laracha-EB Concello de Zas, o sábado 6 de marzo ás 16:15 no pavillón municipal de Paiosaco
Saida do bus: 15:00 horas

Para máis infomación ver: www.cbaio.es